Benvida do decano

Luis Alonso Bacigalupe

Decano da FFT

Benvidos/as á Facultade de Filoloxía e Tradución (FTT), o centro da Universidade de Vigo especializado na formación e investigación en materia de linguas, culturas e literaturas e no desenvolvemento de destrezas de comunicación para a mediación entre individuos e culturas que falan diferentes linguas, é dicir, tradución e interpretación.

A FFT está situada no Campus de As Lagoas-Marcosende, unha situación afastada do balbordo do centro da cidade: un lugar onde se poderá atopar un medio enriquecedor para o ensino e o estudo. As nosas instalacións son modernas e están perfectamente equipadas e adaptadas para o desenvolvemento dos nosos obxectivos. Temos laboratorios específicos para o ensino de linguas e interpretación simultánea, aulas informatizadas para a formación en tradución e as últimas tecnoloxías e ferramentas para o ensino non presencial.

O equipo docente está formado por un amplo grupo de expertos e expertas en diferentes campos e por profesionais de prestixio de diferentes sectores. A FFT está certificada co selo de calidade FIDES-AUDIT, que garante a calidade na formación ao tempo que verifica os nosos sistemas e procedementos internos. Se pensas que esta pode ser a túa Facultade non o dubides e ponte en contacto connosco.

Estamos encantados de recibir estudantes de todo o mundo e temos os recursos para equiparvos coas ferramentas precisas para que a vosa carreira profesional no eido das linguas, literaturas, culturas e tradución e interpretación sexa un gran éxito.

Grazas por escollernos!