Facultade de Fisioterapia

A Universidade entrega os Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017

O acto estivo conducido pola actriz Isabel Risco e contou coa actuación do grupo Blues do País

Cando aínda resoan por todos os recunchos do país as lembranzas á figura de Carlos Casares, as homenaxes continúan, tamén na Universidade de Vigo, onde, tras dúas semanas de actos espallados polos tres campus, tivo lugar o acto institucional de celebración do Día das Letras Galegas, festividade que cada ano, e xa van vinte, se fai coincidir coa entrega dos Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria, neste caso a edición 2017, na que resultaron gañadores Genaro Da Silva, Lidia Dosil e Manuel Arca, dous mozos e unha moza que, ao igual ca Casares no seu día, amosan a través das letras, cada un desde o seu propio sentir, o seu compromiso coa lingua e a cultura do país.

Premios de Poesía, Relato curto e Tradución literaria 2017

A entrega de premios tivo lugar na sala de Consello de Goberno da Reitoría e estivo presidida polo reitor, Salustiano Mato, que non dubidou en dar os seus parabéns a todas as persoas premiadas e ao resto de autores e autoras dos corenta traballos presentados ao certame, felicitacións que chegaron tamén do goberno galego, a través das verbas do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; do director da Área de Normalización Lingüística, Paulo Cabral, que foi o encargado de ir lendo o nome dos gañadores e tamén da profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución Iolanda Galanes, membro do consello asesor da Fundación Carlos Casares e recoñecida especialista na obra deste autor.


Ler a noticia completa no DUVI