Facultade de Fisioterapia

Grao en Tradución e Interpretación

O obxectivo básico do Grao en Tradución e Interpretación, que comezou a súa andaina en 2009/10, é formar a tradutores e intérpretes xeralistas, capaces de achar, procesar, avaliar, transformar e transmitir información en calquera soporte para realizar unha mediación cultural e lingüística de calidade. Un segundo obxectivo básico é a adquisición de métodos de traballo profesionais, de modo que os graduados/as identifiquen e clasifiquen as modalidades de mediación, apliquen as estratexias e métodos de traballo adecuados en cada caso, se adapten aos estándares profesionais da encomenda e coñezan aspectos socioprofesionais fundamentais para o exercicio como tradutor/a intérprete.

Este grao, único no sistema universitario galego e noroeste español, é tamén o único en toda España onde se imparten materias de tradución e interpretación dende e cara ao galego, dada a cooficialidade de ambas linguas.

Por outra parte, a situación xeográfica estratéxica de Galicia, que historicamente favoreceu os intercambios con Portugal, fai a este grao atractivo para estudantes do norte do país veciño. Esta posibilidade vese favorecida pola oferta de materias de tradución e interpretación nas que unha das linguas da combinación lingüística é o portugués.

En definitiva, trátase dun grao de formación polivante para un mercado que demanda cada vez máis flexibilidade e adaptabilidade.


Memoria vixente do título

Grao GTI