Facultade de Fisioterapia

Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios

O Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios naceu no curso 2014-2015 co obxectivo de adaptar os tradicionais estudos filolóxicos de galego e hispánicas ás demandas actuais da sociedade do coñecemento e a información, para formar profesionais capaces de aplicar a súa formación á resolución de problemas relacionados coa lingua e a cultura.

No contexto dun mundo globalizado, o dominio das destrezas relacionadas coa comunicación oral e escrita preséntase como un valor esencial. Este grao proporciona formación en linguas e saberes humanísticos desde unha perspectiva contemporánea e práctica conectada co mundo dixital e as demandas do mercado: ensino das linguas española, galega ou portuguesa e as súas literaturas, asesoramento lingüístico, comunicación na empresa e nas institucións, creación de contidos en internet, etc.

Agardamos estudantes de calquera especialidade de bacharelato con vocación de coñecer a tradición filolóxica e afrontar os retos da sociedade dixital.

Este grao pódese seguir na modalidade semipresencial.


Memoria vixente do título

Grao GCLEL