Plan de acción titorial

Presentación

O plan de acción titorial da Facultade de Filoloxía e Tradución pretende contribuír ó desenvolvemento integral do estudantado universitario e recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender a súas necesidades formativas e informativas.

O Plano de Acción Titorial deseñouse no marco do Sistema Interno de Garantía de Calidade da Facultade de Filoloxía e Tradución segundo o procedemento DO0203, que establece varias posibilidades de acción ou dimensións:

a) Académica: orientación sobre os planos de estudo e escolla de materias.

b) Profesional: orientación sobre as saídas profesionais.

c) Persoal: orientación sobre aspectos da vida privada do alumnado que poidan influír sobre a vida académica.

d) Social: orientación sobre bolsas e axudas para o desenvolvemento da actividade académica.

e) Administrativa: orientación sobre requisitos administrativos, matriculación e validacións.

A Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo comprométese a levar adiante un plan de acción titorial (PAT) que combine a orientación académica (preferente) coa administrativa e social.

Icon
Peer Mentoring
Icon
PAT2016-2017ASINADO