SGIC

O Sistema de Garantía Interna de Calidade do centro constitúe unha ferramenta estratéxica básica para acadar unha mellora continua da Facultade de Filoloxía e Tradución e das súas titulacións oficiais. Neste sentido, hai que sinalar que o RD 1393/2007 do 29 de outubro de 2007, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, esixe, para a verificación e acreditación dun título, a incorporación dun sistema de garantía interno para a avaliación, seguimento e mellora da calidade da oferta formativa. O RD 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios determina, pola súa banda, que, para obter a acreditación institucional, os centros universitarios deberon obter a certificación da implantación do seu SGC e ter renovado a acreditación inicial de acordo ao procedemento xeral de, polo menos, a metade dos títulos oficiais de grao e máster que se imparte no centro.


INFORME DE REVISIÓN POLA DIRECCIÓN 2015-2016

Icon
DE-03 P1 Anexo 1 031114 Informe de revisión pola dirección 2015-2016

SEGUIMENTO DE TÍTULOS

curos2014-2015        curso2016-2017

memorias-de-verificacion


ACREDITACIÓN DE TÍTULOS

Icon
MTAE - IS 2015 MU Teatro AE UVI
Icon
MTCI - IS 2015 MU Traducción CI_ UVI
Icon
MTM - IF RA M Traducción Multimedia_UVI2016
Icon
GLE - IF RA G Lenguas Extranjeras_UVI2016
Icon
GTI - IF RA G Traducción e Interpretacion_UVI2016

    Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, recolle no seu artigo 24.2 que: “Antes do transcurso de seis anos a contar desde a data da súa verificación inicial ou desde a da súa última acreditación, os títulos universitarios oficiais de Grao e Doutoramento, deberán renovar a súa acreditación de acordo co procedemento e prazos que as Comunidades Autónomas establezan en relación coas universidades no seu ámbito competencial. Así mesmo, os títulos de Máster deberán someterse ao indicado procedemento antes do transcurso de catro anos”. No artigo 27 bis establécese que a acreditación inicial dos títulos oficiais debe ser renovada periodicamente a partir da data da súa verificación por parte do “Consello de Universidades” ou desde a data da súa última acreditación.
    De acordo coa mencionada lexislación, o proceso de avaliación para a renovación da acreditación incluirá, en todo caso, unha visita de expertos externos á Universidade sendo a “Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia” (ACSUG), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a encargada de realizar a valoración para a renovación da acreditación, de acordo cos protocolos de avaliación que se estableceron conxuntamente entre as axencias de avaliación que cumpran cos Criterios e Estándares de Calidade Europeos.
    Os obxectivos da renovación da acreditación dos títulos universitarios oficiais son:
    a) Garantir que a implantación do título levouse a cabo de acordo á memoria verificada, cos recursos adecuados, obtendo os resultados esperados e apoiándose nun sistema de garantía de calidade.
    b) Garantir que o título tivo un proceso de seguimento apropiado e que utilizou a información cuantitativa e cualitativa obtida para analizar o seu desenvolvemento e xerar as propostas de mellora oportunas.
    c) Asegurar que a información pública pertinente e relevante para os diferentes axentes de interese do sistema universitario está dispoñible.
    d) Achegar recomendacións e/ou suxestións de mellora para o título.
    A avaliación para a renovación da acreditación baséase tanto, no cumprimento dos compromisos asumidos para a impartición da titulación, como nos resultados obtidos polo título.)


    PROCEDEMENTOS

    Icon
    DO-0101 Ind05 deseñoverifcmodifc
    Icon
    AC-04-01 Expedicion de titulos oficiais
    Icon
    AC-02-01 Matrícula
    Icon
    AC-01-04 Accesos e Admision