Titulacións

O Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios naceu no curso 2014-2015 co obxectivo de adaptar os tradicionais estudos filolóxicos de galego e hispánicas ás demandas actuais da sociedade do coñecemento e a información, para formar profesionais capaces de aplicar a súa formación á resolución de problemas relacionados coa lingua e a cultura.

No contexto dun mundo globalizado, o dominio das destrezas relacionadas coa comunicación oral e escrita preséntase como un valor esencial. Este grao proporciona formación en linguas e saberes humanísticos desde unha perspectiva contemporánea e práctica conectada co mundo dixital e as demandas do mercado: ensino das linguas española, galega ou portuguesa e as súas literaturas, asesoramento lingüístico, comunicación na empresa e nas institucións, creación de contidos en internet, etc.

Agardamos estudantes de calquera especialidade de bacharelato con vocación de coñecer a tradición filolóxica e afrontar os retos da sociedade dixital.

Este grao pódese seguir na modalidade semipresencial

Icon
Grao en Ciencias da Linguaxe
Grao en Estudos de Galego e Español (en extinción)

O obxectivo básico do Grao en Tradución e Interpretación, que comezou a súa andaina en 2009/10, é formar a tradutores e intérpretes xeralistas, capaces de achar, procesar, avaliar, transformar e transmitir información en calquera soporte para realizar unha mediación cultural e lingüística de calidade. Un segundo obxectivo básico é a adquisición de métodos de traballo profesionais, de modo que os graduados/as identifiquen e clasifiquen as modalidades de mediación, apliquen as estratexias e métodos de traballo adecuados en cada caso, se adapten aos estándares profesionais da encomenda e coñezan aspectos socioprofesionais fundamentais para o exercicio como tradutor/a intérprete.

Este grao, único no sistema universitario galego e noroeste español, é tamén o único en toda España onde se imparten materias detradución e interpretación dende e cara ao galego, dada a cooficialidade de ambas linguas.

Por outra parte, a situación xeográfica estratéxica de Galicia, que historicamente favoreceu os intercambios con Portugal, fai a este grao atractivo para estudantes do norte do país veciño. Esta posibilidade vese favorecida pola oferta de materias de tradución e interpretación nas que unha das linguas da combinación lingüística é o portugués.

En definitiva, trátase dun grao de formación polivante para un mercado que demanda cada vez máis flexibilidade e adaptabilidade.

Icon
Grao en Tradución e Interpretación

O Grao en Linguas Estranxeiras naceu no curso 2009/10 co obxectivo de formar profesionais que posúan un profundo coñecemento lingüístico, literario, histórico e sociocultural das linguas estranxeiras estudadas: o inglés como primeiro idioma, e o francés, alemán e portugués como segundo e/ou terceiro idioma. Cabe salientar a significativa capacidade de expresión e comprensión oral e escrita que o alumnado adquire ao longo dos catro anos de estudos. Deseñado para adaptarse ás necesidades do alumnado, o noso grao proporciona formación baseada na efectiva incorporación de teoría e práctica, integrando competencias de diversa natureza a través da combinación de contidos, experiencias, coñecementos e capacidades descritivas e analíticas das devanditas linguas e culturas. Xa que logo, ofrecemos unha formación intensa para un mercado laboral que demanda cada días máis e mellor coñecemento de linguas estranxeiras e do seu contexto literario e sociocultural.

Icon
Grao en Linguas Extranxeiras